Barcelona rendeu homenaxe este 17 de agosto ás vítimas do seu atentado máis sanguento. Nun acto celebrado nas Ramblas, corazón da cidade condal e escenario do ataque yihadista, sobreviventes, familias e autoridades políticas gardaron un minuto de silencio e realizaron unha ofrenda de caraveis.
Asociacións de afectados polo terrorismo denuncian que o número de vítimas dos atentados de Barcelona e Cambrils é maior do rexistrado, e alertan de que moitas delas non recibiron ningún tipo de atención.
Robert Manrique, en representación da Unidade de Atención e Valoración a Afectados por Terrorismo, lembrou que «na listaxe oficial hai 345 nomes, pero oficialmente no auto de procesamento poñía 170, iso é o dobre. Son o dobre de vítimas, primeiro físicas, que non estaban localizadas no ano 2018 e no 2021. Ademais as vítimas psicolóxicas, que tampouco estaban localizadas, agora empezando a recoñecerse.