Barreras perde dous contratos polos seus problemas financeiros


A armadora norueguesa Havila, que contratou a construción de dous transatlánticos no estaleiro vigués Hijos de J. Barreras, confirmou que, tras a paralización deses traballos polos problemas derivados dos sobrecustos e a crise que atravesa o estaleiro galego, os dous buques serán construídos polo estaleiro turco Tersan. Segundo comunicou a propia armadora, Havila Voyages asinou un contrato con Tersan para a construción dos dous últimos buques da súa ruta costeira, e os traballos comezarán “dentro de poucas semanas”, coa previsión de que se entreguen a finais de 2021″. A partir de entón, a navieira poderá operar catro barcos na ruta entre Bergen e Kirkenes. Así mesmo, precisou que “a construción dos dous buques no estaleiro español Barreras detívose debido aos problemas financeiros” da empresa.