Basket Xiria | Partido de gala e subcampión da Copa Galicia EBA


Tras a sintonía do himno galego Calvo Xiria e Ucoga CB Chantada lanzáronse a por a Copa Galicia EBA ante as bancadas do Vila de Noia cunha moi boa entrada. O Calvo Xiria non estivo moi fino ao principio, pero aos poucos íase asentando no xogo, cun resultado case igualado ao descanso, 26-31. Tras o descanso o conxunto visitante apertou máis aínda logrando unha renda de 18 puntos. Reaccionou o Basket Xiria nos últimos minutos, pero xa era demasiado tarde, consolidándose o resultado final de 54-63.l Subcampionato de Copa Galicia EBA para un Calvo Basket Xiria que xa pensa na liga da próxima semana.