Basket Xiria preparado para unha nova e intensa xornada deportiva

1 minutes read

No tocante ós equipo sénior, o CALVO BASKET XIRIA comeza a 2ª fase coma vistante ante o Porriño “B”, xogarán o sábado ás 18:00 horas. O conxunto de Héctor Méndez intentará volver á senda do triunfo. O equipo sénior feminino do DIMOLK BASKET XIRIA, volverá a disputar outro eomocionante #DerbiComarcal contra o CB Laracha, nesta ocasión o domingo ás 18:00 horas, no Pavillón do IES Agra de Leborís, para intentar superar oa equipo local e recuperar o basketaverage.

En categorías base o Junior Feminino, XESTORIA QUEIJO XIRIA xoga en Carballo contra Esclavas, o sábado 19 ás 10:00 horas, no Pavillón Vila de Noia. Tamén se recuperan os partidos en categoría cadete, o feminino DENTAL NOA XIRIA, enfróntase o sábado ao equipo de Los Rosales, no Pavillón Parga Pondal ás 12:00 horas; mentras que o masculino ORTODIX BASKET XIRIA xoga o domingo na Coruña contra Compañía de María.

Tamén retorna o infantil masculino, BASKET XIRIA, xa na segunda fase, unha vez clasificados en primeiro posto do seu grupo. Xoga en Betanzos o domingo ás 19:00 horas contra o equipo de Santo Domingo. Para rematar a xornada o MINIBASKET XIRIA BRANCO, xoga como local no Pavillón de Agra II (pista 1) contra Basquet Coruña, o partido é o sábado ás 17:45 horas.