Batalla campal no Parlamento de Honduras

Con berros, golpes, insultos e empuxóns, así comezou a nova lexislatura e así se desenvolveu a elección do directorio provisional. Un caos desatado pola rebelión dun grupo de deputados do partido da presidenta electa, Xiomara Castro. A pelexa comezou cando unha vintena de deputados da esquerdista Liberdade e Refundación propuxeron a Jorge Cálix como presidente provisional, violando o pacto de coalición que establecía como presidente a Luís Redondo, do Partido Salvador de Honduras. A elección de Cálix, que contou cos votos do Partido Nacional, que estivo doce anos consecutivos no poder, abriu unha nova crise política en Honduras, a seis días para que Xiomara Castro xure o cargo como presidenta. Sobre o ocorrido no Parlamento, Castro dixo, vía Twitter: «Consumouse a traizón!».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha