Batalla por decidir cando se xogan os partidos da Liga


A Liga quere que os encontros empecen os venres e terminen os luns, mentres que a federación esixe que sexan só sábados e domingos. A xuíza única de Competición, dependente da Federación, suprimiu este venres o calendario orixinal proposto pola liga, á que permite fixar os horarios dos partidos, sempre que sexan durante a fin de semana. Con todo, esta decisión non é definitiva, xa que a Xustiza ordinaria terá unha vista con ambas as partes o próximo sete de agosto.

Mentres decide a sentenza, os partidos das tres primeiras xornadas da liga disputaranse segundo o calendario inicial, incluídos luns e venres. Están en xogo contratos multimillonarios con operadores de todo o mundo que previran retransmisións en directo da «Liga das estrelas» tanto os luns como os venres, e que esixirán, chegado o caso, indemnizacións á altura das circunstancias.