Batería de preguntas do PSOE de Carballo ao Goberno local no próximo Pleno

1 minutes read

Tres concelleiros socialistas mantiveron unha reunión co tamén ex-concelleiro José Antonio Viña Patiño e con Mari Carmen Figueiras Britos (número 4 da candidatura) para debater sobre política municipal e elaborar as 14 preguntas que presentarán na sesión plenaria do vindeiro luns. A maioría foron mocións tratadas e incluso aprobadas en plenos anteriores, pero os socialistas están molestos porque meses e incluso anos despois seguen sen cumplirse por parte do Goberno local.

As 14 máis relevantes son as seguintes:

  • Creación dun punto de encontro familiar.
  • Dotar dun nome oficial ao pavillón situado na rúa Vila de Noia.
  • Estudar as opcións para dotar de baños públicos á Praza do Concello e para estender ese servizo a outras zonas do municipio.
  • Adhesión de Carballo a rede de Cidades amigas da infancia.
  • Apoiar e fomentar a participación da mocidade a través da creación dun consello sectorial.
  • Mellorar a visibilidade nos pasos de peóns. En todos.
  • Instalación de lombos nos principais accesos a Carballo.
  • Creación de prazas de aparcamento específicas para mulleres embarazadas, persoas con mobilidade reducida transitoria e familias con bebés.
  • Adaptación de pasos de peóns para persoas con trastorno do espectro autista.
  • Implantación dun proxecto piloto de reciclaxe de cápsulas de café.
  • Colocar unha pancarta nun lugar céntrico expresando o compromiso contra a violencia de xénero e un contador de vítimas para sensibilizar mais a poboación.
  • Creación dun espazo destinado á práctica do xadrez na vía pública.
  • Adherirse ao plan Viopet de axuda ás vítimas de violencia machista.
  • Elaboración dun inventario informatizado, con cartografías de árbores e espazos verdes.