Batería de renovacións no Bergantiños FC

Celebración dos xogadores do Bergantiños F.C.

Os centrocampistas Antón Concheiro e Marcos Remeseiro, o central Pablo Agulló, o porteiro Brais Pereiro e tamén Martín Lamelas, o capitán Aarón Rama, Carlos López, Yelco Alfaya, Jorge Cano, Álex Boedo, o defensa procedente do Alondras, Brais Martínez, o porteiro Santi Canedo así como o dianteiro Uxío da Pena, o lateral dereiro Blas Alonso e o central Iker Berruezo, están entre os elixidos polo conxunto carballés para defender ao equipo a próxima tempada na súa estrea na Segunda RFEF, á que recentemente ascendeu. O dianteiro centro Antón Escobar Tapias, de 23 anos, chegou como primeiro reforzo, como segundo fichaxe o defensa central de 22 anos Iago Parga. Todos os xogadores están moi ilusionados e esperan facer unha moi boa tempada no club vermello.