O BBVA confirmou á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) os contactos con Sabadell e o inicio dun proceso de revisión por parte de ambas as entidades, así como a designación de asesores externos, aínda que aclara que non se tomou ningunha decisión sobre esta potencial operación. De feito, engade, «non existe certeza algunha de que se chegue a adoptar nin, nese caso, sobre os termos e condicións dunha eventual operación» para crear un banco con 46.000 empregados e máis de 4.200 oficinas en España, ademais dunha importante presenza en México, Turquía e o Reino Unido. Unha posible fusión daría lugar a un grupo con máis de 950.000 millóns de euros en activos e un tamaño en España moi similar ao que tería a unión de CaixaBank e Bankia. A noticia das conversacións para unha fusión chega o mesmo día en que BBVA anunciou a venda da súa filial nos Estados Unidos por 9.700 millóns de euros.
26