Beatriz Mato abandona a política

dpm.

Beatriz Mato abandona a política. A ex-conselleira e edil na Coruña deixa a dirección do PP local, o grupo municipal e o Parlamento de Galicia. A que fora responsable de Traballo e Benestar ou Medio Ambiente en gobernos da Xunta pasa á actividade privada. Nas últimas eleccións municipais, mantivo o PP como primeira forza na Coruña pero a esquerda foi moi maioritaria na cidade. Di que o fai exclusivamente por motivos persoais, para dedicarse á súa familia, pero tamén para ser “coherente” consigo mesma. “A política debe ser algo transitorio”, argumentou Mato, quen trasladou a súa disposición de dedicarse de novo á súa profesión.