Beatriz Pino presentada como candidata á presidencia da Xunta por Ciudadanos

0 minutes read

Ciudadanos presentou a Beatriz Pino como candidata á presidencia da Xunta, tras as primarias celebradas entre os militantes da formación en Galicia. Esas primarias deixaron un resultado axustado. Beatriz Pino impuxose por 16 votos, nun proceso ao que concorrían outros catro aspirantes. Ante esa escasa marxe de votos e a fragmentación, varios militantes -moitos deles afíns a Francisco Igea e críticos con Arrimadas- invitaron nas redes sociais a unha reflexión conxunta.