Beiras acusa a dirixentes das confluencias de converterse en casta

Xosé Manuel Beiras, fundador de Anova, volve reflexionar sobre a fractura interna de En Marea. Asegura que, a pesar da súa aposta polo diálogo, houbo dirixentes da confluencia que optaron polo fratricidio e acabaron converténdose en casta.

Yolanda Díaz, de Unidas Podemos, opta por non valorar estas declaracións.

«Eu nunca deixei de dialogar e Anova nunca deixou de dialogar, ata última hora. Non se pode predicar a fraternidade e exercitar o fratricidio. Hai cadros políticos que predicaban aquilo de acabar coa casta e que están configurando unha nova casta», dixo Beiras.

O político e economista fixo estas afirmacións antes de presentar o seu novo libro «Nuredin o taxista e Amedine o pintor», no que recompila as súas crónicas sobre o Foro Social Mundial.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha