Beiras chámalles «merdentos» a Rajoy e González, que os «carbonice unha chispa»

0 minutes read

O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras carga en Twitter contra Felipe González e Mariano Rajoy. Refírese a eles como «dous merdentos» tras o debate que protagonizaron na Toxa, no que Beiras entende que predicaron unha «coyunda PP-PSOE».

O fundador de Anova, afastado da primeira liña política, remata o chío desexando que «unha chispa carbonice» os dous «merdentos» ex-presidentes.

Chío publicado por X.M. Beiras.