Bela Muxía | Primeiro e único albergue coa Q de calidade

1 minutes read

O Albergue Bela Muxía, proxecto financiado polo GALP Costa da Morte, continúa coa súa aposta pola calidade e o bo servizo aos clientes. A través da consecución da Q, recibe o recoñecemento ao esforzo realizado na implantación dun sistema de calidade mediante o selo da Q de Calidade Turística, no que levan traballando máis dun ano.

Unha vez evidenciado o cumprimento dos requisitos técnicos que a norma dita, e mediante unha auditoría externa, desde Bela Muxía implementouse o novo sistema de xestión orientado ao servizo do cliente e á mellora continua.

Os establecementos avalados pola “Q de Calidade” aseguran que a súa prestación de servizo é garantía de calidade, seguridade e profesionalidade, aspectos diferenciadores que nun futuro próximo, como é o presente Ano Santo, serán a chave ao éxito, todo isto para asegurar aos clientes a mellor experiencia turística posible.

A obtención da Marca implica a nivel externo para os establecementos un aumento da satisfacción dos seus clientes (fomentando a fidelización directa e indirecta), unha mellora na reputación da organización e a ostentación dun selo diferenciador fronte á súa competencia. A nivel interno, mellora a xestión e eficacia das actividades que se realizan, optimiza os recursos, motiva ao persoal e establece un sistema para controlar de forma eficaz o desempeño da organización.