Belén do Campo supervisou as actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en Coristanco

  • Na convocatoria deste ano recibiron axudas para estas actuacións 4 concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte por un importe de máis de 70.000 euros.

A delegada da Xunta, Belén do Campo visitou este municipio para supervisar as actuacións de corrección de impactos paisaxísticos realizadas con dúas achegas, que suman 26.000 euros, do Instituto de Estudos do Territorio. Concretamente Coristanco recibiu unha axuda da liña para outras construccións ou instalacións de titularidade municipal destinadas a outros equipamentos de servizos públicos, para unha intervención encamiñada a mellorar a integración paisaxística do centro social Rececinde e do Muro da Rocheira, solventando aqueles impactos visuais que están a xerar na contorna próxima. Para elo, partiuse como premisa principal a idea de dotar a estes espacios  dunhas solucións acordes ao seu entorno. Deste modo levouse a cabo no centro social a colocación de tella cerámica curva sobre os ferros de fibrocemento existentes, previa limpeza; liquidando problemas de infiltracións e mellorando a adaptación do edificio na contorna no que se atopa e no Muro na Rocheira a limpeza do muro de peche de bloque así como o seu posterior pintado, mellorando o impacto visual e paisaxístico. Este municipio recibiu tamén da outra  liña para equipamentos municipais coa que levou a cabo as obras de mellora na fachada do polideportivo municipal, que permitiu a limpeza das fachadas,  repenicado de recebados en mal estado, recebado de zonas repenicadas e  do muro de bloque existente en laterais e pintado das tres fachadas con pintura acrílica.

Estes apoios materialízanse a través de dúas liñas: a primeira para edificios ou dependencias de prestación de servizos municipais -para a renovación de fachadas, cubertas ou muros de cerramento de predios- e a segunda para equipamentos -como lavadoiros, fontes, palcos da música ou hórreos que polo seus deficiente estado de conservación ou pola súa propia configuración se asocian co feísmo e producen unha distorsión da paisaxe na contorna natural ou urbana onde se sitúan- e para outras construcións ou instalacións municipais destinadas a outros equipamentos de servizos públicos como o revestimento exterior de muros de cerramento de terreos.

Related posts

Asinado un convenio entre o Concello de Carballo e Vieiro para a prevención das drogodependencias

O PSOE de Malpica manterá reunións coa veciñanza das parroquias para «levar as súas demandas ao pleno»

O Pleno da Laracha abordará este xoves a proposta do Goberno Local para destinar os fondos do POS+ Adicional