Galicia empezou a notar este domingo os efectos da borrasca «Bella» con refachos de vento que superaron os 140 quilómetros por hora tanto en puntos da costa como no litoral, que permanece en alerta máxima por temporal marítimo. Así mesmo na costa rexistráronse ondas de ata dez metros de altura. O refacho máximo de vento rexistrado polos medidores de Meteogalicia alcanzouse no interior, en concreto, no alto de O Xistral, en Muras (Lugo), onde ás 18,40 horas deste domingo alcanzáronse os 153,9 quilómetros hora. En Punta Candieira de Cedeira outro dos puntos da xeografía galega que adoita rexistrar máximas de vento, chegouse aos 143,5 quilómetros horas ás 18,00 horas, xa ás 15 h. alcanzáronse refachos de 141,6 k/ h. En Cariño os refachos de vento chegaron aos 102,5 quilómetros por hora mentres que en Serra Faladoira, Ortigueira os ventos rozaron os 110 quilómetros hora.