Bendicidos 40 cans e un gato na festividade de San Antón de Abad, en Noicela

0 minutes read

A parroquia carballesa de Noicela, recuperando unha vella tradición, celebrou este mércores a festividade de San Antón de Abad, patrón dos animais domésticos. Ás 12 do mediodía oficiouse a misa solemne a que asistiron veciños da parroquia, pero tamén de fora, acompañados polas súas mascotas. Ata un total de 40 cans e un gato foron bendecidos durante a celebración relixiosa. Destacar a iniciativa do párroco don Manuel, coa sempre agradecida colaboración de Pablo e Baselisa. Ademais para non asustar ás mascotas a celebración foi sen pólvora.