Benito Portela | Os usos de Meirás xa están definidos pola Xunta desde o ano 2008

O alcalde de Sada, Óscar Benito Portela, manifestou este sábado que os usos para o Pazo de Meirás xa están definidos no decreto de 2008 polo que a Xunta de Galicia declarou Ben de Interese Cultural este inmoble. Apunta que os usos «a maiores» que poidan darse ao complexo deben respectar os que marca dita declaración. Ademais afirmou que o goberno de Sada non coincide «en todo» o que expón o plan presentado pola Xunta de Galicia. Portela afirma que Meirás debe servir para actuar de memoria dos represaliados tras o golpe de estado de 1936 e o réxime franquista.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha