Benvida a Gabriel Rodríguez, do Sysca, medallista no Campionato do Mundo de Salvamento Deportivo


Este luns ás 20:20 horas chegou ao aeroporto de Alvedro (A Coruña) o deportista do clube Sysca de Carballo e membro da selección española, Gabriel Rodríguez Colfarei, de 17 anos, que ven de participar cuns magníficos resultados, no Campionato do Mundo de Salvamento Deportivo na categoría Junior. 

Foi recibido polos seus compañeir@s de clube, amig@s, familia e a Presidenta da Fessga, Nuría Rodríguez, e acompañáronno na viaxe polas terras trasalpinas o técnico deportivo da Fessga David Orgeira e o deportista sadense Alejandro Chacón.

Os compañeiros do clube prepararon pancartas e cánticos para darlle unha merecida e emocionante benvida. 

Os resultados máis destacados de Gabriel no campionato foron:

5º en sprint

5º en 100m socorrista

5º en 100m rescate con aletas

11º en bandeiras

E en relevos:

2º salvamento con tubo de rescate (medalla de prata)

4º relevo oceanman

5º relevo combinado

A selección española mellorou neste campionato os resultados de eventos anteriores, acadando o cuarto posto na xeral por seleccións.