Berdillo acollerá este venres e sábado o seu 40 Albaroque


A agrupación cultural Arume de Berdillo volve á normalidade na organización das súas actividades e esta fin de semana, o venres día 8 e o sábado día 9 celebrará no Local Social as súas catro décadas de Albaroque. Dende as 7 da tarde do venres haberá xogos para os nenos. A partir do mediodía do sábado o protagonismo será para o baile tradicional, acordeón, ritmos latinos, ximnasia e a actuación do Coro Aires de Bergantiños preludio dun xantar popular cunha gran sardiñada. Pola tarde, a partir das 7, exibición de Zumba e Weng Chun. Ás 8 actuación dos grupos de baile Bilitroque e Caneca e Media. Pola noite, traca final cos concertos de Ghazafellos e Pan Sen Fron, remate con Foliada Aberta.

Programa completo