Bergantiños e Paiosaco empataron os seus respectivos partidos desta xornada

1 minutes read

Os equipos da Costa da Morte que militan na Terceira División de Fútbol Grupo 1, Bergantiños FC e UD Paiosaco-Hierros, empataron os seus respectivos encontros xogados este domingo correspondentes á xornada 26. O equipo carballés a un gol na casa do Deportivo Fabril e sitúase na praza número 15 da táboa clasificaroria, dúas por encima do descenso, con 31 puntos. Pola súa banda o UD Paiosaco-Hierros perdeu unha nova oportunidade, tamén puntuou na Porta Santa tras empatar 2-2, pero ante un rival directo pola permanencia na categoría como é o Somozas, o equipo larachés continua de pechacancelas con só 17 puntos.

Resultados.
Clasificación.