Bergantiños e Paiosaco necesitan unha marcha máis

2 minutes read

O Bergantiños non puido sacarlle partido á vantaxe moral de xogar na casa este domingo contra a Sarriana. Secho contou coas baixas destacadas de Mario Musy, Tomé e o gravemente lesionado Baleato, a quen os seus compañeiros quixeron darlle moito ánimo saíndo ao campo cunha camiseta co seu nome. O conxunto visitante presentouse nas Eiroas co seu xogo habitual xogo combinativo e construído ao redor da posesión da pelota. O gol local non se facía derogar e chegaba a balón parado no minuto 11, David Álvarez sacou un córner e atopou a Iago López que entrou con forza no segundo pau para poñer o 1-0 no marcador. Tras o paso por vestiarios O Bergantiños relaxouse demasiado ao principio e un erro de Iago case lle custa o empate. Recuperou a partir de aí posesión e mellor xogo o equipo de Secho, pero Edgar no minuto 59 establecía as táboas no marcador, 1-1, co que o Bergantiños foi perdendo peirao e xa non sería capaz de remontar. Repartición de puntos e o equipo carballés segue en segunda posición da xeneral empatado co Alondras con 19, unha xeneral que lidera o Somozas con 22 puntos.

Arousa – Paiosaco

O Paiosaco foi un rival duro de roer para o Arousa na primeira parte. O equipo que dirixe Diego Armando García foi o primeiro en tentar abrir o marcador nunha xogada de ataque que acabou cun disparo alto de Josito. Minutos máis tarde unha xogada individual de Moure fixo intervir ao local Pacheco para cortar o disparo do 6 do Paiosaco. Con todo, o Arousa atopou o gol pouco despois mediante unha gran internada á área de Iñaki que acabou cun pase atrás cara a Borja, que puxo o interior do pé para abrir o marcador. Tras o descanso o Arousa saíu a dominar e apenas permitiu crear perigo ao Paiosaco. O cadro que dirixe Luisito estivo moi preto de ampliar a súa vantaxe, pero dúas boas intervencións do meta do Paiosaco impedíronllo. Ao final, 1-0 e tres puntos máis que se lle escapan ao conxunto larachés que queda situado no posto número oito da xeral con 14 puntos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?