Bergantiños e Paiosaco sumaron un punto esta xornada

1 minutes read

O Bergantiños afrouxou unha marcha este sábado nas Eiroas ante o Gran Peña, rival directo polo ascenso e inmediato perseguidor dos carballeses na xeneral a dous puntos. Era unha boa oportunidade para que os homes de Secho marcasen unha distancia considerable na táboa, pero non puido ser. Mesmo puido ser peor, o Gran Peña estivo máis motivado e xerou máis ocasións que o Bergantiños. Con este resultado os de Secho seguen primeiros con 43 puntos e a continuación os de Freddy con 41.

Somozas – Paiosaco (2-2)

O Paiosaco volveu a sumar a domicilio tras empatar ao seu rival en dúas ocasións. Martín adiantou aos locais antes do descanso. Na a segunda metade, Rodrigo, no seu debut cos da Porta Santa, empataba cun golazo. Xa na parte final, co partido roto, Cerro volveu a adiantar aos locais e Iván Amor fixo o definitivo 2-2 na prolongación. Con este resultado o Paiosaco sitúase no posto 11 da xeneral con 24 puntos e o Somozas oitavo con 28.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?