Bergantiños FC | Lemos analiza o post partido fronte ao Polvorín

1 minutes read

O Bergantiños gañoulle ao Polvorín 0-1 o partido celebrado este sábado no Municipal da Cheda. Resultado que lle permite continuar na loita pola praza de honra da Terceira División Grupo 1. O adestrador do equipo carballés, José Luis Lemos, analizou o resultado declarando que, «era un partido moi esixente pero creo que raiamos a gran altura», «é unha vitoria de equipo porque todo o mundo traballou a un moi bo nivel». Con esta vitoria a domicilio, o equipo carballés ocupa o segundo posto da clasificación con 31 puntos, en praza de playoff de ascenso a Segunda B, mentres pensa xa na dobre contenda que, se non hai contratempos, levaríalle a facer dobrete de partidos aprazados a esta semana. O seguinte encontro ordinario será na casa do Deportivo Fabril.