Bergantiños FC | Uns veñen e outros que se van


Este mércores a familia do Bergantiños FC xa puido contar con Hugo Díaz en As Eiroas, onde tivo lugar a súa presentación, acompañado polo presidente do equipo, Chano Calvo, que lle deu a benvida. Por outra banda, Uxío da Pena causou baixa no Bergantiños FC, fichou polo Arenteiro, despois de chegar a un acordo co club carballés, que lle agradeceu o seu traballo e esforzo, desexándolle sorte no futuro.

Este xoves o Bergantiños FC anunciou tamén a fichaxe de Christian Martínez Díaz. Trátase dun dianteiro de 21 anos (13/09/2000), natural de A Coruña que chega cedido do Club Deportivo Lugo logo de comezar esta temporada 21/22 no equipo de 2RFEF CF La Nucía.
O xogador militou as dúas campañas anteriores no filial do CD Lugo e pasou pola canteira do club lugués no seu último ano de etapa de xuvenil.