Bergantiños-Somozas | Choque de trens en As Eiroas


O Bergantiños recibe este domingo ás 5 da tarde ao Somozas en Carballo. Primeiro clasificado contra o segundo, un partido de tensión, dos bonitos de xogar, entre dous grandes equipos chamados a estar entre os tres conxuntos que ascendan a final de tempada á seguinte categoría. O Bergantiños FC chega ao encontro tras o sorpasso aos de David Pérez no encontro entre semana fronte ao Arzúa, 2-0, a súa vitoria permitiulles adiantar aos de ferrolterra na táboa. O equipo carballés está nun gran momento e sobre todo coa súa fichaxe estrela, Alejandro Tarí, que asinou dous goles o mércores e está a firmar un bo 2021. Falamos na previa do partido co adestrador do Bergantiños, José Luis Lemos Ameneiro, o míster cóntanos que “o que pensamos é en gañar e despois xa veremos o que nos depara o partido”, “eu asino gañar: dáme igual 1-0 que 5-4”, sentenciou Lemos.