Bergondo | Convenio Xunta-Concello para a mellora integral do centro de saúde


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, para presentarlle unha proposta de convenio que permitiría levar a cabo unha mellora integral do centro de saúde deste concello. O orzamento previsto é de algo máis de 306.000 euros e sería financiado a partes iguais pola Xunta e polo Goberno local ao tratarse dun edificio de titularidade municipal.

A Xunta foi a encargada de realizar o informe da situación actual do edificio e elaborou a proposta de convenio que agora se lle presentou á alcaldesa. Dende o Goberno galego levaríase a cabo a obra de forma coordinada para non interromper a prestación sanitaria durante o desenvolvemento das mesmas, garantindo en todo momento a calidade asistencial dos veciños asignados a este centro.