Berlusconi renuncia a ser presidente de Italia


O ex primeiro ministro, de 85 anos, comunicaba a súa decisión aos seus socios de coalición, os ultradereitistas Matteo Salvini e Gorgia Meloni, dous días antes do inicio do trámite parlamentario. Berlusconi sinalou, nun comunicado, que a pesar de conseguir suficientes apoios para converterse en xefe do Estado, tras moita reflexión, optara por «dar un paso máis no camiño da responsabilidade nacional». Unha das súas esixencias foi que o actual primeiro ministro, Mario Draghi, siga á fronte do Goberno, e se elíxa a outro candidato que propoñer ao resto de forzas políticas. Este luns, o Parlamento italiano empezará a votar ao sucesor de Sergio Mattarella na xefatura do Estado, para os próximos sete anos.