33
O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, é o novo secretario provincial do PSdeG da Coruña, tras ser elixido polo 76,57% dos electores, con 1.902 votos. Fernández, próximo ao recentemente electo secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a quen ademais acompañou como portavoz do PSOE socialista na institución provincial coruñesa, marcouse xa como obxectivo as próximas eleccións municipais da Coruña, cando confía en «revalidar e aumentar os resultados de 2019». A súa competidora polo cargo, Noa Díaz, felicitou a Fernández, agradecéndolle o seu traballo e co que se comprometeu a «traballar para fortalecer o partido desde abaixo».