Berocasión celebrará a súa 15ª edición do 28 ao 30 de agosto

Berocasión 2019.

Berocasión cumpre 15 anos consolidada como a feira do sector máis importante de Galicia en espazos abertos. E para que siga sendo así, o Concello de Carballo volve a levar as rendas da organización, a través da Concellaría de Promoción Económica, en coordinación con Axober e coas empresas locais de automoción.

Este ano, continuando coa tendencia das últimas edicións, contará con 11 participantes: Automóviles Dimolk-Peugeot, J. M. Lema, Baleato Motor-Renault, Taller Cinco Carballo, Rebalcars, Vilas Rama-Citroën, V-Car, Chacar, Balsacar, Automóviles Antamotor-Nissan e JGCar.

Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación… En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación.

Berocasión arrincará o venres 28 de agosto no seu emprazamento habitual do Rego da Balsa e durante toda a fin de semana será o lugar de referencia de todas as persoas que estean buscando un vehículo á súa medida.