Berocasión consolídase como un referente na venda de vehículos

Berocasión 2019.

Á espera dunha análise en profundidade e das vendas que se pechen nas próximas semanas, en termos xerais, Berocasión volveu a deixar bo sabor de boca, tanto entre a maioría dos expositores, como na totalidade do público visitante. Por momentos mesmo houbo algunhas aglomeracións, sempre tendo en conta o bo tempo reinante e a diversidade de festas e celebracións coincidentes pola zona. A cifra de coches vendidos a última hora deste domingo era variable entre os distintos expositores, segundo a información que puidemos obter a pé de feira, calcúlase unha media de 4 a 5 vehículos vendidos por expositor, que a priori podería superar lixeiramente o número de vendas do ano pasado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha