Berocasión contará con 14 participantes na súa 17 edición

Edición 2021.

Tras rematar o prazo de inscrición para Berocación 2022, este ano, continuando coa tendencia a alza das últimas edicións, o evento contará con 14 participantes no formato “Xornada de portas abertas”, tal como acordaron os propios participantes nas distintas reunións que se levaron a cabo. Celebrarase durante os días 1, 2, 3 e 4 de setembro. A organización recaerá en Axober, en colaboración co Concello de Carballo.
Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación… En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación.

As empresas participantes son as seguintes:

  1. DIMOLK – PEUGEOT
  2. BALEATO MOTOR-RENAULT-DACIA
  3. VEHÍCULOS JUAN LEMA
  4. REBALCARS AUTOMÓVILES
  5. VILAS RAMA – CITROEN
  6. V-CAR – HYUNDAI
  7. ANTAMOTOR -NISSAN
  8. JGCAR
  9. CORGAL AUTOMOVILES KIA
  10. BERCAUTO-FIAT-ALFA ROMEO-JEEP
  11. GARVI AUTOMÓVILES
  12. GRUPO BREOGAN – TOYOTA
  13. PENSADO MOTOR – SKODA
  14. TALLER CINCO