Berocasión cumpriu expectativas a pesar do mal tempo

0 minutes read

Berocasión, a feira do motor máis imprtante da comarca, arrincaba o pasado venres en Carballo con moi bo pé e foi ascendendo en ventas nas xornadas do sábado e na coincidente co feirón do domingo, a pesar da choiva intermitente que non chegou a dar moita tregua. Organizada por Axober, este ano acudiron preto de 20 marcas diferentes de coches que fixeron do Rego da Balsa un gran escaparate do motor ao aire libre. Ao peche da edición dominical facíase un balance positivo en canto a ventas, pero tamén á asistencia de público a pesares das inclemencias meteorolóxicas.