- Os 11 establecementos participantes estarán abertos do venres 28 ao domingo 30 en horario de mañá e tarde
Berocasión, a feira de vehículos de ocasión de Carballo, cambia o seu formato nesta edición 2020 para adaptarse á situación sanitaria que estamos a vivir. Como medida de prevención fronte á Covid-19, a feira transfórmase nunha fin de semana de portas abertas nos 11 establecementos participantes. Así se acordou nunha xuntanza entre as marcas, Axober e o Concello de Carballo, que estivo representado polo concelleiro de Seguridade, Juan Seoane.
Como consecuencia do novo formato tamén houbo cambios entre os participantes, aínda que seguen a ser 11: Automóviles Dimolk-Peugeot, Baleato Motor-Renault, Rebalcars, Antamotor-Nissan, Corgal Automóviles-Kia, Vilas Rama-Citröen, V-Car, Automóviles Juan Lema, Bercauto, Breogán Motor-Toyota e JGCar.
Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, de ocasión, nacionais ou de importación. Os propios locais dos 11 participantes tamén estarán abertos do venres 28 ao domingo 30 en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
