Berocasión segue quentando motores para a celebración da súa 17ª edición

Edición 2021.

Berocasión cumpre 17 anos consolidada como a feira do sector do automóvil máis importante de Galicia. E para que siga sendo así, Axober, en colaboración co Concello de Carballo volve a levar as rendas da organización.
O próximo luns día 18 terá lugar a 2ª reunión co sector de automoción para continuar cos preparativos e poñer en marcha este encontro. O acto celebrarase no 2º andar da praza de Abastos de Carballo ás 20:30 horas.
Nesta reunión, a que está invitado todo o sector que estea interesado en participar, intentarase acordar o inicio do prazo de inscrición para os participantes así coma a aceptación do orzamento definitivo.
Recordar que na 1ª reunión xa se acordaron as datas de celebración que serán do 1 ao 4 de setembro, engadindo un día máis ao evento en horarios: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e no mesmo formatos que nas últimas edicións “Xornada de portas abertas”.
Calquera empresa que desexe información para participar pode dirixirse a Axober a través de e-mail informacion@axober.org ou no teléfono 981 756 313.