Berocasión volverá a Carballo do 25 ao 27 de agosto no emprazamento do Rego da Balsa

1 minutes read

Berocasión celebra a maioría de idade volvendo ao seu emprazamento orixinal na zona do Rego da Balsa en Carballo. Os numerosos representantes do sector da automoción que acudiron este xoves no mercado municipal á reunión convocada por Axober, que volve contar coa colaboración do Concello de Carballo, acordaron non só regresar ao espazo urbano no que naceu a feira hai 18 anos senón tamén as datas para a súa celebración: 25, 26 e 27 de agosto.

Polo momento hai 13 participantes confirmados, pero a listaxe podería verse incrementada, xa que aínda hai marxe para novas incorporacións.

Nas tres últimas edicións, dende a pandemia, Berocasión celebrouse co formato de xornadas de portas abertas nos propios establecementos. Este ano, o público poderá volver gozar na zona do Rego da Balsa da maior feira do vehículo de ocasión de Galicia en espazos abertos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?