Berocasión xa está quentando motores para a celebración da súa 17ª edición

Edición 2021.

Berocasión cumpre 17 anos consolidada como a feira do sector máis importante de Galicia. E para que siga sendo
así, Axober, en colaboración co Concello de Carballo volve a levar as rendas da organización.
Este mércores día 4 de maio tivo lugar a primeira toma de contacto cos participantes en edicións anteriores, a que asistiron 11 xunto con representantes de Axober. Nesta xuntanza acordaron como posible data de celebración do 1 ao 4 de setembro, engadindo un día máis ao evento, en horarios: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e co mesmo formato que en edicións anteriores “Xornada de portas abertas”.