Besteiro acusa a Rueda da privatización da xestión dos recursos naturais

1 minutes read

O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, de crear “un novo chiringuito” para a xestión dos recursos naturais galegos, en alusión á sociedade mixta de xestión constituída o pasado 13 de novembro.

Así o manifestou o representante socialista, tal e como informou o PSdeG nun comunicado, tras asistir en Madrid ao xantar informativo protagonizado polo candidato do Partido Socialista de Euskadi (PSE), Eneko Andueza. Segundo indicou Besteiro, a creación deste novo ente “opaco” evidencia que o presidente galego “non sabe xestionar” a riqueza “evidente” da Galicia como territorio enerxético, e que “ademais ten que pensar tamén na protección do territorio”.

Así mesmo, o socialista lamentou que esta entidade non soporta a comparación co Ente Vasco de Enerxía, que é un “modelo de empresa pública que defende ben os intereses do país”. O tamén deputado no Congreso español advertiu que cando se fan comparacións entre os Gobernos vasco e galego evidencian que a Rueda fáltalle impulso e ambición na xestión da Xunta. Besteiro defendeu o papel do socialismo vasco para impulsar os avances despregados en Euskadi, e que son “un bo exemplo” do que o PSdeG quere na Galicia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?