Besteiro apostou en Malpica por fomentar o consumo de peixe do cerco

2 minutes read

José Ramón Gómez Besteiro candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, apostou este venres en Malpica por “introducir o peixe dúas ou tres veces por semana nos menús dos comedores escolares e promover campañas que inciten ao consumo de peixe, en xeral, non só porque é un hábito saudable, senón porque contribúe ao mantemento dun sector produtivo moi importante no noso país como é o da frota de cerco” e aludiu ao interese dos nutrientes que contén o peixe. “O cerco é, amais, a arte de pesca máis sustentable medioambientalmente pero tamén redunda directamente na economía local do país”.

Tras reunirse en coa Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (ACERGA) e o seu presidente, Alberto Castro, e o patrón maior e socios da Confraría de Pescadores de Malpica, Besteiro comprometeuse á ampliación do dique de abrigo da localidade cando sexa presidente da Xunta e sacar á consellería do Mar do actual estancamento e anunciou a posta en marcha de medidas de apoio para a adaptación do sector aos novos procesos, que inclúen a dixitalización total dos controis pesqueiros.

Igualmente constatou novamente a “necesidade de recuperar un organismo semellante ao antigo FROM que promova o consumo de peixe fresco ante o cambio de modelo de alimentación e cultural” da sociedade actual. Unha proposta coa que coincidiu o representante de ACERGA, xa que o consumo de peixe descendeu un 32% na última década en España. En especial, subliñou o candidato socialista, promover o peixe como o xurelo, a sardiña… que provén da pesca do cerco que é a que menos pegada de carbono deixa e a máis respectuosa coa biodiversidade mariña, sostén a unha parte das economías locais e fixa poboación na costa galega.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?