Besteiro comprométese a ‘saldar as débedas da Xunta coa Costa da Morte’

2 minutes read

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, interveu este luns nun mitin en Camariñas dende onde se comprometeu a “saldar as débedas da Xunta coa Costa da Morte” e a “poñer fin aos 20 anos de promesas incumpridas do PP” coa comarca.

Besteiro estivo xunto aos veciños e veciñas da Costa da Morte nun mitin, xunto á alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, a cabeza de lista do PSdeG pola Coruña, Patricia Iglesias, e o candidato número 6 e natural de Camariñas, Fabián Canosa. No mesmo, apuntou aos compromisos incumpridos polo Partido Popular nas últimas dúas décadas cos veciños da comarca.

“Feijóo e Rueda estiveron moitos anos tomando o pelo aos veciños e veciñas desta comarca coa Autovía da Costa da Morte, deixando a este territorio con infraestruturas do século pasado”, apuntou Besteiro. Remarcou o seu compromiso de desbloquear a finalización da A-55 no tramo de Carballo a Berdoias que está aínda sen finalizar.

O candidato socialista tamén puxo o foco nas deficiencias da cobertura sanitaria na comarca, e denunciou que a Costa da Morte leva anos sufrindo a falta de profesionais nos seus centros de saúde, chegando ao punto de que algúns ambulatorios non teñen estes e noutros non cobren as baixas ou vacacións”. Para solucionalo, os socialistas propoñen recuperar os servizos de pediatría a xornada completa, implantación dun servizo de Cardioloxía no Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira de Cee e a construción dun novo centro de saúde en Fisterra.

Outro dos aspectos que máis preocupan aos socialistas na bisbarra é a falta de liñas e de horarios adecuados a aos universitarios e aos traballadores no servizo de transporte na Costa da Morte. “Isto provoca que moita xente moza se vexa obrigada ou ben a non poder estudar ou ben a pagar un aluguer na Coruña ou en Santiago”, lamentou Besteiro.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?