Besteiro confirma a súa disposición de ser o candidato á Xunta polo PSdeG

1 minutes read

O deputado socialista no Congreso e exdelegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, confirmou a súa disposición para presentarse ás eleccións primarias no PSdeG para elixir o candidato socialista á Xunta nas próximas eleccións autonómicas. Asegurou «con toda rotundidade» que o seu compromiso co partido «é indiscutible». Por iso, dixo, «estarei ao seu dispor sempre, estíveno, estouno e estareino» estando disposto a presentarse ás primarias, aínda pendentes de convocar. O exlíder do PSdeG amosouse convencido de que o PP está en caída libre, tamén en Galicia, polo que cre que hai serias posibilidades de recuperar a Xunta, aínda que advirte de que «se hai cambio estará liderado polo PSOE ou non será».