0
O socialista José Ramón Gómez Besteiro criticou o que definiu como “disparate” do presidente da Xunta, que este luns quixo plantexar o 28M como un referendo sobre Pedro Sánchez. O tamén delegado do Goberno fixo estas declaracións nunha visita a Muros. Gómez Besteiro recolleu o guante lanzado por Rueda e sinalou que os veciños e veciñas están “dacordo co aumento das pensións, co aumento dos salarios, coa aposta pola vivenda, coa chegada do AVE a Galicia ou con aumentar o traballo nos estaleiros”. Censurou o “argumento pobre e pouco enriquecedor” por parte do PP, que “comete a torpeza de tratar á xente coma se non fora intelixente”.