O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, retou este domingo a Rueda para que convoque as eleccións autonómicas “cando queira e como queira porque os socialistas galegos estamos preparados para gobernar Galicia”, dixo.
Besteiro clausurou a Convención xunto coa vicepresidenta primeira do Goberno de España e ministra de Economía, Nadia Calviño; o secretario Xeral do PSOE galego, Valentín Formoso e o presidente da Mesa da Convención e alcalde de Vigo, Abel Caballero, que os socialistas galegos celebraron durante esta fin de semana na Cidade da Cultura para recoller as achegas ao documento marco do que sairá o programa electoral co que se presentarán ás vindeiras eleccións autonómicas de 2024.
Unha Convención que o tamén deputado nacional por Lugo, cualificou como un “éxito que é de todos e todas” porque logramos “un proxecto de primeira para un goberno de primeira”. E agradeceu a todos e todas as participantes nas ponencias: á militancia, aos profesionais independentes, as asociacións… polas importantes achegas ao programa electoral.