Besteiro elixido presidente da Comisión de Transportes do Congreso dos Deputados

1 minutes read

O deputado socialista no Congreso e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, tomou posesión do seu cargo como presidente da Comisión de Transportes nas Cortes.

Na súa comparecencia diante a Comisión insistiu na “relevancia que a mobilidade e o transporte supoñen para a igualdade de oportunidades da cidadanía e a mellora de nosa calidade de vida, garantindo cidades máis habitables, transportes máis seguros y respectuosos co medio ambiente e accesibles para todos y todas”. Subliñou que “como galego, sei o importante que é a cohesión territorial e social, para que todos os territorios teñamos as mesmas oportunidades, sen veciños de primeira ou segunda”.

No seu discurso de investidura, Besteiro, subliñou a “importancia vital” que as infraestruturas teñen “na economía, facilitando a captación de investimentos e a industrialización verde” e solicitou a colaboración de todos os membros desta Comisión para “consolidar a mobilidade como un dereito esencial das persoas que, ao tempo, facilite o acceso a outros dereitos fundamentais como o traballo, a sanidade, a educación ou o ocio”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?