Besteiro | ‘O PP malvendeu as caixas e privatizou a sanidade pública cos cartos de todos’

1 minutes read

O socialista José Ramón Gómez Besteiro replicou este venres ás críticas de Rueda contra a xestión e os investimentos do Executivo que está a presentar o presidente do goberno na campaña electoral por empregar “os cartos de todos”. Na súa visita a Mos, contrastou a iniciativa do Executivo cun PP que “cos cartos de todos malvendeu as caixas galegas e privatizou a sanidade pública”. O tamén delegado do goberno saudou os “benditos anuncios” do Executivo e remachou que “cos cartos de todos facemos estas cousas marabillosas que benefician á inmensa maioría dos cidadáns”. Comprometeuse a “seguir traballando” a favor da cidadanía para “desenvolver os proxectos e as débedas históricas e por exemplo bonificar as peaxes da AP-9”, mentres o PP prorrogaba a privatización ata 2048, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?