Besteiro rexeitou ser nomeado ministro para ser o próximo presidente da Xunta de Galicia

O presidente do Goberno de España e Secretario Xeral do PSOE, Pedro Sánchez, e a ministra de Facenda, María Jesús Montero, acompañaron ao candidato do PSdeG á Presidencia de Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, nun acto que abriron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a alcaldesa da Coruña e vicepresidenta da Femp, Inés Rey. Sánchez revelou en Santiago que Besteiro rexeitou ser nomeado ministro para ser o próximo presidente da Xunta de Galicia.

Da Convención Política do PSdeG-PSOE, que se celebra esta fin de semana co lema “Agora camiña Galicia”, sairá o documento marco do programa electoral cara ás vindeiras autonómicas que “queremos gañar”, afirman os socialistas.

Besteiro abriu a súa intervención asegurando que esta Convención é “unha mensaxe alta e clara do Socialismo galego ao noso país: Estamos listos e preparados para gañar as vindeiras eleccións”. En alusión ao lema “Agora Camiña Galicia” Besteiro explicou que “chegou o momento de camiñar nós e darlle a Galicia o impulso que merece”. Besteiro agradeceu ao presidente do Goberno de España que atopara día na súa axenda europea para estar na Convención galega.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha