Betanzos, Abegondo, Carral, Coirós e Paderne desenvolverán dous novos obradoiros de emprego

1 minutes read

Entre os dous formaranse 25 persoas desempregadas en dúas especialidades, atención sociosanitaria a persoas en domicilios e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

En ambos os casos, os participantes teñen que estar rexistrados como demandantes de emprego. Para o desenvolvemento do Obradoiro os concellos recibiron unha axuda da Consellería de  Emprego e  Igualdade. Esa axuda ademais da achega dos concellos alcanzará un orzamento para esta nova acción de inserción laboral  de 346.946 euros. O Obradoiro prolongarase durante nove meses. Ademais dos dez alumnos en cada un dos cursos, contrataranse cinco persoas para a dirección: un director, un administrativo e tres docentes.

Durante os meses de duración impartiranse clases teóricas e prácticas a maiores de formación en orientación laboral, empresarial, prevención de riscos laborais, alfabetización informática, sensibilización ambiental e igual de xénero.