Betanzos abre de novo o Alfonsetti cun programa de proxeccións


Volve o cinema ao Alfonsetti co seu habitual ciclo de películas de outubro a maio/xuño do 2021. Cinema para persoas adultas, rapaces e rapazas, o venres e os domingos, que comezará este mes con películas relacionadas coa música. Tras varios meses pechado como consecuencia da Covid-19, o Concello porá en marcha o cinema cunhas medidas especiais canto ao distanciamento social e o control de saídas e entradas a sala, adaptará a capacidade tamén a esta nova situación e reduce as 240 butacas a preto da metade. Unha cantidade que podería variar en función da situación epidemiolóxica. Haberá en todas as proxeccións entrada de balde ata completar a capacidade da sala. As sesións comezarán este venres, ás 20.00 h, coa proxección da película “Moulin Rouge” (Baz Luhrmann, 2001).