Betanzos alerta da posible reaparición do virus na auga e pide evitar o seu consumo

O Concello de Betanzos alertou da posible presenza na auga do norovirus que hai unhas semanas provocou un gromo de gastroenterite e pide evitar o seu consumo, polo menos, durante as próximas 48 horas. Nun comunicado, o Concello informou de que o norovirus se detectou no río e no depósito de cabeceira do servizo. Estas mostras tamén foron analizadas por laboratorios da Universidade de Santiago que, non detectou os mesmos parámetros, polo que Concello, Augas de Galicia e Sanidade acordaron realizar novas análises. Os resultados coñeceranse en 48 horas. De momento, non se tomaron medidas restritivas pero o Concello fixo un chamamento á poboación para que, na medida do posible, evite a inxesta de auga e non a utilice para hixiene bucodental durante as próximas 48 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha