Betanzos anuncia a suspensión da Feira Medieval

1 minutes read

O  Concello de Betanzos comunica a súa decisión de suspender a XXII edición da Feira Franca Medieval prevista para a segunda fin de semana do mes de xullo. Aínda que restan máis de dous meses, por responsabilidade o Concello toma esta “medida excepcional pero necesaria ante unha situación sobrevida que precisa un esforzo colectivo e que seguirá esixindo unha importante resposta das administracións e de toda a cidadanía en diferentes ámbitos. Antes de anunciar a suspensión, a alcaldesa, María Barral, mantivo unha reunión cos portavoces municipais co fin de acordar a decisión tendo en conta todas estas circunstancias. Todos os grupos, PP, BNG e PSOE apoiaron esta decisión.